Monday 20 de May de 2024

Títeres Cachirulo representará “A cabeza do dragón” mañá sábado ás 13:00 horas na carballeira de Santa Minia de Brión


Títeres Cachirulo porá en escena a súa obra “A cabeza do dragón” mañá sábado 22 de setembro, ás 13:00 horas, na carballeira de Santa Minia de Brión. Unha obra de 55 minutos, dirixida a un público infantil a partir dos 5 anos, cuxa entrada será libre e de balde. Esta actuación está incluída no V Festival Monecadas, certame organizado por Titiriteiros da Comarca e o Concello de Brión.

“A cabeza do dragón” é unha adaptación para monicreques de luva e variña da obra do mesmo nome de Ramón María del Valle Inclán. Conta a historia do príncipe Verdemar, desterrado do seu fogar, que coa axuda dun trasgo terá que loitar contra un terrible dragón que ten apresada á filla do rei Micomicón para, deste xeito, volver triunfante á súa casa.